Accesorios

    Unha mochila para levar a túa pandeireta ás foliadas, un vestido novo para a túa gaita, un estoxo para que as palletas vaian ben protexidas, un caderno para tomar apuntamentos ou ir de recollida... A música tradicional, tanto se a desfrutas de xeito profesional coma se é unha forma de ocio, require un amplo abano de accesorios. Aquí podes atopar algúns que combinan técnicas e materiais propios do ámbito histórico e tradicional e do contemporáneo. E se tes moreas de follas soltas con cancións e partituras e queres xuntalas nun libriño xeitoso, aínda que teña pegadas de cuncas de viño e licor café, consúltame sobre maquetaxe, formatos e costuras de encadernación.

Contacta comigo